Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Guilherme e Bastardo abren a colección de música de Axóuxere

PRESENTAN VEREDEVERE O VINDEIRO DíA 11 EN CABO DE CRUZ

Guilherme e Bastardo abren a colección de música de Axóuxere

FUSIóN | xullo 8, 2015

Veredevere_gilherme_bastardo2.jpg

A editorial Axóuxere acaba de presentar o primeiro volume da súa colección Euterpe, coa que abre unha liña dedicada á música. Verevedere é o disco debut do dúo Guilherme e Bastardo, que levan varios meses a presentar polo país esta iniciativa e desenvolveron unha campaña de crowdfunding para a facer realidade. A mestura de canto tradicional, world music, postpunk e electrónica do grupo conta con colaboracións como as de Teresa Moure, Najla Shami ou Mig Seoane e inclúe versións musicadas de textos de Raida Rodríguez, Xelís de Toro, Márcio-André, Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro ou Arthur Rimbaud. O álbum presenta os seus doce cortes nun formato de libro-CD que conta con ilustracións de Séchu Sende. O Encontro de Embarcacións Tradicionais que se celebra o vindeiro 11 de xullo e Cabo de Cruz servirá de presentación deste traballo, que sae á venda por vinte euros.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer