Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Brais Morán explora a súa transición persoal en Cruzando o eclipse

O MúSICO CORUñéS PRESENTA O SEU DEBUT EN SOLITARIO NA SALA GARUFA O DíA 11

Brais Morán explora a súa transición persoal en Cruzando o eclipse

ROCK | novembro 6, 2015

cruzando_eclipse_brais_moran.jpg

Logo da súa experiencia en Loretta Martin, Brais Morán asenta a súa carreira e lanza seu primeiro disco como solista. Cruzando o eclipse achega trece temas nos que o músico coruñés mantén o seu vencello cun rock de guitarras con aromas dos setenta e toques funk. Segundo explica Morán, o proxecto reflicte un momento vital "onde cae a miña mocidade transformándose noutra idade chea de enerxía que continúa a crecer". Gravado integramente en galego nos estudios Abrigueiro logo dunha campaña de crowdfunding, o álbum conta con Manu Seoane na guitarra eléctrica, Miguel Queixas á batería e Denís Morán no baixo, así como cunha colaboración de Fran Pérez Narf.

A sala Garufa, na Coruña, acolle o vindeiro 11 de novembro o concerto de presentación do novo traballo, do que xa se pode ouvir libremente o single Destino no Bandcamp do artista.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer