Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Luar na Lubre celebra tres décadas con Extramundi

O TEATRO PRINCIPAL DE OURENSE ACOLLE A PRESENTACIóN DO TRABALLO O VINDEIRO 11 DE DECEMBRO

Luar na Lubre celebra tres décadas con Extramundi

FOLK | decembro 1, 2015

extra_mundi_luar_na_lubre.jpg

Catorce novos temas compoñen Extramundi, o disco co que Luar na Lubre celebra os seus trinta anos de traballo. O grupo que lidera Bieito Romero aposta nesta ocasión por "un traballo que transcende do ámbito galego ou celto-atlántico e explora outras culturas desde unha óptica moi íntima e persoal". Así, o conxunto interpreta temas en seis idiomas, entre eles cancións en catalán, vasco ou o clásico da tradición castelá La Molinera. O álbum, editado por Warner Music, inclúe tamén pezas orixinais e adaptacións de temas galegos e sae á venda este catro de decembro. A xira de presentación comeza o vindeiro día 11 no Teatro Principal de Ourense e continuará o 8 de xaneiro en Vigo e o 9 na Coruña.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer