Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Tatán Cunha pasa da escena á canción con Chapeu

ACHEGA UNHA DUCIA DE COMPOSICIóNS CHEAS DE IMAXES TEATRAIS NO SEU PRIMEIRO DISCO

Tatán Cunha pasa da escena á canción con Chapeu

CANTAUTOR | decembro 9, 2015

chapeu_tatan.jpg

É máis coñecido polo seu traballo de anos en Títeres Tanxarina, pero Tatán R. Cunha atrévese a ampliar horizontes e acaba de presentar a súa primeira incursión no mundo da música. Chapeu é o nome do seu primeiro disco, que acaba de presentar no Culturgal e que, segundo explica achega "unha ducia de cancións escritas para contar historias. Fotografías teatrais, o mundo que máis coñezo e co que camiño a miña vida. Un mundo carregado de amizades que me invitan a cantar e a os que admiro e cos que compartín a loucura de crear este proxecto". Tatán non se lanza só nesta aventura, xa que contou con Pablo Vidal e Uxia para a composición e arranxos e con colaboracións como as de Carlos Blanco, Isaac Palacín, Sergio Tannus, Magín Blanco ou Manu Paino entre outros.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer