Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / aCentral Folque recupera a Adelino Pichel

JUANJO FERNáNDEZ ASINA O ESTUDO SOBRE ESTA FIGURA NA COLECCIóN CHAVE MESTRA

aCentral Folque recupera a Adelino Pichel

FOLK | decembro 30, 2015

adelino_pichel_gaiteiros_forcarei.jpg

Foi o último mestre do toque pechado da gaita de fol na Terra de Montes. aCentral Folque acaba de presentar Adelino Pichel e os gaiteiros de Forcarei, un libro-CD que estuda e recupera esta figura do noso folclore e que sae á luz no seo da colección Chave Mestra. Un estudo de Juanjo Fernández percorre a biografía deste músico e transcribe e analiza boa parte do seu repertorio. Ademais, atende a outros importantes intépretes da zona, como foron Alfonso Ramos, Castor Cahafeiro, Jaime Barreiro, José Firvida Maduro, Manuel Cabada, Ángel Rapado, Ramiro Cortizo ou Jesús campos. O volume está acompañado dun CD no que se poden escoitar 33 pezas interpretadas polo propio Pichel, así como outras dúas inéditas de Castor Cachafeiro, membro dos Gaiteiros de Soutelo de Montes, e de Jesús Campos.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer