Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Migallas busca o público mozo con Zaragallada

O NOVO PROXECTO OFERTA UNHA COMBINACIóN DE MúSICA E TEATRO

Migallas busca o público mozo con Zaragallada

POP | xaneiro 18, 2016

zaragallada_migallas.jpg

O grupo Migallas, transmutado en banda, muda de terzo no seu novo traballo e aposta por un público mozo e adulto. Logo de dous discos centrados nas crianzas, Zaragallada achega unha selección de temas nos que se mesturan pop, rock, ska, pasodobre, tango, rumba ou vals cun acompañamento que inclúe guitarras, acordeón, saxo, trombón, teclados ou baixo. Ademais da banda, participan no álbum nomes como Leandro Deltell (batería), Paulo Nogueira e Magoia Bodega (percusión tradicional), Maurizzio Polsinelli (piano) e Carmen Gallego (violín). O proxecto, que inclúe temas reivindicativos como O que hai que facer canda a cancións máis líricas, está editado por Inquedanzas Sonoras, e gravouse no estudio Casa de Tolos de Segundo Grandío.

Para as presentacións ao vivo, Migallas achega canda aos concertos a versión escénica Empanada da casa. A actriz María Campos interpreta neste espectáculo humorístico diferentes personaxes cos que se tratan cuestións como os consumismo, os prexuízos sobre o galego, o clasismo ou a moda e a publicidade.


datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer