Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Festival Pórtico do Paraíso transcende Ourense

O PROGRAMA DA IX EDICIóN INCLúE CONCERTOS EN CELANOVA E EN ESGOS

O Festival Pórtico do Paraíso transcende Ourense

CLáSICA/LíRICA | febreiro 2, 2016

imaxe non dispoñible

O mosteiro de San Salvador de Celanova e a igrexa de San Pedro de Rocas, en Esgos, acollerán os primeiros concertos que o festival Pórtico do Paraíso programa fóra da Cidade das Burgas. A novena edición deste evento, que se celebrará entre os días 4 e 13 de marzo, comprende nove recitais ademais de conferencias e actividades paralelas. Entre os participantes desta xeira están nomes como Les Éléments, La Reverdie, Cecilia Rodrigo, Emilio Villalba e Sara Marina ou Katona Twins Guitar Duo. Como novidade, por vez primeira neste festival poderá escoitar un grupo de metal, os Spanish Brass Luur Metalls, que ofertarán o único concerto de pago previsto. A mingua do orzamento dispoñible este ano, 63.000 euros fronte aos 90.000 da última edición, fixo que o programa perdese un concerto.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer