Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Punk-rock, ská e reggae conflúen en Millo

O GRUPO DE GONDOMAR PRESENTA O SEU PRIMEIRO áLBUM

Punk-rock, ská e reggae conflúen en Millo

FUSIóN | febreiro 29, 2016

millo_millo_cd.jpg

Cando están a facer catro anos de existencia, os gondomareños Millo presentan o seu primeiro álbum. Millo achega dez temas, todos orixinais agás unha versión dunha muiñeira. Punk-rock, reggae, ská e acompañamentos de gaita e frauta atópanse nun traballo no que o humor acedo e o ritmo son constantes. Temas como Galiza Ceibe, Curriculum ou Grande e poderoso amosan o incisivo ollar do quinteto. O álbum, autoeditado, gravouse entre Breaker Studios e Xílgaro Estudios. A xira de presentación levará o grupo a Allariz (4 de marzo), O Porriño (5 de marzo), Barrantes (12 de marzo) e Pontevedra (19).

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer