Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Vilalba celebra o FIV os vindeiros 29 e 30 de abril

SONRíAS BAIXAS E PORTAMéRICA FECHAN OS SEUS CARTEIS PARA O VERáN

Vilalba celebra o FIV os vindeiros 29 e 30 de abril

MISCELáNEA | abril 5, 2016

imaxe non dispoñible

Xoel López, Supersubmarina, Izal ou Dorian son algúns dos nomes que fan parte do cartel da edición deste ano do FIV. Vilalba acolle un ano máis o seu festival de música indie a achegar unha selección de grupos estatais os días 29 e 30 deste mesmo mes. Pola súa banda, dúas citas de verán, o Portamérica e o SonRías Baixas fecharon tamén estes días o seu cartel. No caso do Portamérica, Bunbury, Amaral, The Undertones e Molotov encabezan os nomes dunha edición que se celebrará os días 15 e 16 de xullo en Nigrán. Canda a eles, León Benavente, Talisco, Pony Bravo, Furious Monkey House, Leiden, Amaro Ferreiro ou Retrovisor fan parte dun programa que perde un día de concertos a respecto da última edición.

SonRías Baixas, pola súa banda, completa con La Gran Pegatina, Vendetta, Chotokoeu e Gold & Colt a listaxe de grupos de visitarán Bueu os días 5 e 6 de agosto. A cita chega así a 12 actuacións que teñen os directos contundentes como denominador común. Soziedad Alkoholika, Heredeiros da Crus, Lendakaris Muertos ou Boikot son outros nomes que visitarán a vila.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer