Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / NAO presenta o duplo EP Soñar-Crear

A PRIMEIRA PARTE DESTE PROXECTO ESTA XA DISPOñIBLE PARA LIBRE DESCARGA

NAO presenta o duplo EP Soñar-Crear

ROCK | abril 20, 2016

nao_sonhar_crear_3.jpg

Santiago de Compostela acollía onte, 19 de abril, a presentación do novo proxecto discográfico de NAO. Trátase dun duplo EP que, co título Soñar-Crear sae en dúas partes e achega un total de nove composicións novas. En concreto, onde saía á luz a primeira parte, Soñar, que xa está dispoñible para libre descarga no web da banda. O disco, producido e gravado por Iago Pico, produtor dos seus últimos traballos, amosa "probablemente o son máis potente gravado" polo grupo nos seus catro temas. A edición física do mesmo incluirá ademais as versións que fixeron de Venceremos Nós e Porque este soño é necesario para un soño.

A segunda parte do proxecto, Crear sae á luz o vindeiro 26 de abril. Gravado nos estudios Garate co músico e productor Kaki Arkarazo, o álbum inclúe cinco temas rexistrados en analóxico e con colaboracións como as de Luken Arkarazo, a cantante Moraysys Silva ou Lierni Arozena á trikitixa.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer