Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Secho y los invisibles debutan con Xa fai un tempo

DISCOS DA MáQUINA PRESENTA O PRIMEIRO TRABALLO DA BANDA

Secho y los invisibles debutan con Xa fai un tempo

FUSIóN | xuño 27, 2016

xa_fai_1tempo_secho_invisibles.jpg

Rock, pop, folk, toques de blues e fondo de cantautor. Secho y los invisibles manteñen a fórmula coa que están a traballar desde 2009 en Xa fai un tempo o seu primeiro traballo discográfico. Discos da Máquina presenta este álbum, no que a banda que lidera Sergio Castiñeiras aposta polo formato de cuarteto e o autor e cantante acompáñase de Benjamín Vázquez, Anxo Araujo e Roi Castaño. Temas íntimos e urbanos con toques de denuncia social danse cita neste traballo, que se gravou en Una Casa Cualquiera por Anxo Araújo. Logo de estrear o novo traballo na compostelá Casa das Crechas, o grupo continúa a súa xira de presentación con concertos por todo o país.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer