Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Xabier Díaz e Aduferias e mais Narf actuarán no Womex 2016

FORON ESCOLLEITOS PARA O ESCENARIO ATLANTIC CONNECTIONS

Xabier Díaz e Aduferias e mais Narf actuarán no Womex 2016

FUSIóN | xullo 13, 2016

imaxe non dispoñible

A organización do Womex, que se celebrará este outono en Santiago de Compostela anunciou esta mañá os grupos galegos que participarán na feira internacional de músicas do mundo. Así, o escenario Atlantic Connections, que inclúe propostas da Península Ibérica e América Latina, contará coa presenza de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre e mais de Narf en colaboración cos mozambicanos Timbila Muzimba. Estes súmanse así a Radio Cos, anunciado anterioremente como único grupo do noso país que fai parte da selección oficial canda a outra trintena de formacións de todo o mundo. O encontro, que se desenvolverá na Cidade da Cultura entre o 19 e o 23 de outubro, achegará a diferentes espazos da cidade vella de Compostela preto de 60 concertos en pequeno formato, así como unha programación de cinema aberta ao público.

Ligazóns

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer