Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O XIV Festival SonRías Baixas acadou a súa máxima cifra histórica de asistentes

A ORGANIZACIóN ESTIMA UN IMPACTO ECONóMICO NA COMARCA POR RIBA DO MILLóN DE EUROS

O XIV Festival SonRías Baixas acadou a súa máxima cifra histórica de asistentes

ROCK | agosto 9, 2016

imaxe non dispoñible

A organización do Festival SonRías Baixas semella ter moitos motivos para sorrir este ano. Ven de facer a súa valoración de alcance do evento celebrado a pasada fin de semana en Bueu e segundo eles esta XIV acadou o máximo de asistentes da súa historia chegando ata as 16.500 persoas. Esta cifra superaría en 4.500 a rexistrada por eles na anterior edición e mesmo supera a anterior marca máxima dos 15.000 asistentes de 2011. Así mesmo desde a organización calculan que a celebración do festival tivo un impacto económico de 1.200.000 euros en Bueu e comarca, chegándose ao pleno de ocupación hoteleira en toda a comarca e a “bares e restaurantes da zona sen existencias”.

Coa finalidade de que a actividade do Festival repercutise o máximo posible na zona, dende a organización afirman que sempre intentaron priorizar na busca de profesionais e empresas provedoras a nivel local. Así, nesta edición, contratáronse os servizos de 110 provedores e máis de 300 persoas traballan durante a celebración do evento, a maior parte, xente da comarca.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer