Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Espiño e Alejandro Vargas Trío impóñense no II certame Galicia Creativa

O XURADO DEIXOU DESERTA A CATEGORíA DE MúSICA TRADICIONAL E FOLK

Espiño e Alejandro Vargas Trío impóñense no II certame Galicia Creativa

MISCELáNEA | novembro 16, 2016

imaxe non dispoñible

A II edición do Certame Galicia Creativa, que organiza a Fundación SGAE en colaboración coa Axencia Galega das Industrias Culturais, deixou todos os seus galardóns en Compostela. Espiño, último proxecto de Alfonso Espiño impúxose na categoría de pop-rock, cunha proposta na que se achega á psicodelia con toques de rock progresivo e folk. Pola súa banda, a formación Alejandro Vargas Trío, un proxecto que conta tamén con José Manuel Díaz e L. A. R. Legido, foi vencedora na categoría de jazz. O xurado do certame deixou deserto o apartado de folk e música tradicional. Os vencedores poderán agora gravar cadanseu álbum de entre catro e seis temas no estudio da propia SGAE en Compostela, darán catro concertos e farán presentacións do seu traballo co apoio desta entidade.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer