Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Sés está decidida a Opoñerse á extinción no seu novo disco

A CANTAUTORA SACA O SEU CUARTO TRABALLO CO MESMO ESPíRITO REIVINDICATIVO DE DENUNCIA SOCIAL

Sés está decidida a Opoñerse á extinción no seu novo disco

FUSIóN | novembro 24, 2016

not_26880.jpg

Sés volve a poñer nun disco a súa forza musical e o seu espírito reivindicativo de denuncia social. Opoñerse á extinción (Fol Música) é o cuarto disco da cantora, algo máis dun ano o separa do anterior Tronzar os valos, tamén de nome combativo na liña que xa fillo moi coñecida á artista. O disco sairá á venda o vindeiro 2 de decembro en formato CD e en todas as plataformas dixitais. A cantautora coruñesa segue con este traballo a liña do seu inconfundible estilo que mestura sen confusión blues, rock e sons latinoamericanos nos once temas do álbum pero atrevéndose desta volta con novas sonoridades e deixando máis espazo para a cantareira que hai no seu interior e sacándolle así máis partido se cabe á súa potente voz. Co seu cuarto traballo Sés comparte o seu crecemento musical e persoal a través destes temas. Ela mesma define así este seu cuarto disco: "O título 'Opoñerse á extinción' é a síntese da actitude que amosa o disco. A honestidade, a lucidez e tamén a rabia de sabernos en vías de desaparición inminente e inxusta, mais coa forza, o orgullo e o vitalismo de quen non asume o autoodio que tentan inculcarlle. Creo que é un traballo humilde, sincero e profundamente namorado da cultura á que pertence. É un disco de amor." As primeiras actuacións para levar Opoñerse a extinción aos escenarios terán lugar no Teatro Rosalía da súa vila natal, A Coruña, en datas duplicadas xa os vindeiros 28 e 29 de decembro. Xa se pode escoitar (e ver) o seu vídeo de adianto co tema A paz esquiva.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer