Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Os Amigos da Ópera de Santiago estrean a ópera infantil Brundibár

O ESPECTáCULO PODERá VERSE O 17 NO TEATRO PRINCIPAL DE COMPOSTELA E O 18 NO TEATRO AFUNDACIóN DE VIGO

Os Amigos da Ópera de Santiago estrean a ópera infantil Brundibár

CLáSICA/LíRICA | decembro 12, 2016

imaxe non dispoñible

Brundibár (O abellón), é o título da ópera infantil ambientada na Checoslovaquia da Segunda Guerra Mundial que leva esta semana a escena a Asociación de Amigos da Ópera da Catedral de Santiago. O proxecto, que conta coa Escolanía da Catedral de Santiago e a Orquestra Praeludium, e dirección escénica de Cándido Pazó, "narra a loita de dous irmáns, Aninka (Aniña) e Pepicek (Pepiño), por conseguir os cartos precisos para mercar leite e, dese xeito, axudar na recuperación da súa nai doente. Brundibar é o antagonista da peza e personifica o egoísmo, o abuso do poder e o autoritarismo fronte os valores de solidariedade, compañeirismo e a defensa da contorna afectiva encarnadas polos dous irmáns", segundo explica a Asociación. A función poderá verse o 17 de decembro ás 20.00 horas no Teatro Principal de Santiago e o 18 ás 17.30 horas no Auditorio Teatro Afundación de Vigo.

A obra fíxose coñecida por se ter representado 55 veces en Terezín, gueto para os xudeus na República Checa durante a Segunda Guerra Mundial. O seu compositor, Hans Krása, reescribiu alí o libreto e colaborou na súa representación antes de ser deportado a Auschwitz, onde foi asasinado.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer