Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / aCentral Folque mestura música e audiovisual nos seus novos lanzamentos

TRáTASE DE VIKINGLAND 2016 DE ULOBIT E SONS DO MERCADO DE ALEJANDRO VARGAS

aCentral Folque mestura música e audiovisual nos seus novos lanzamentos

MISCELáNEA | xaneiro 3, 2017

imaxe non dispoñible

O primeiro lanzamento discográfico do trío experimental Ulobit non é un disco. O grupo daba a coñecer o pasado 21 de decembro Vikingland 2016, un proxecto no que poñen música a imaxes do filme Vikinglad, de Xurxo Chirro, e que ve a luz na forma dunha memoria USB que se presenta integrada nunha lata de conservas. Zanfona, computadores, vídeo, filtros de son e improvisación atópanse nun traballo que reaproveita material bruto do filme e lle outorga un novo significado mediante a súa interacción coa música. Vikingland 2016 sae á luz nunha tiraxe limitada a cen exemplares.

Non é este o único proxecto músico-audiovisual de aCentral Folque, que acaba de presentar o DVD Sons do Mercado. Trátase dun filme documental dirixido por Marcos Nine con música orixinal de Alejandro Vargas que recolle a experiencia de dinamización Efecto Proximidade que se desenvolveu no mercado compostelán de Salgueiriños. Para alén do documental, o lanzamento recolle a música orixinal de Vargas e material extra.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer