Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Triángulo de Amor Bizarro faise co Premio Ruído

SALVE DISCORDIA é O DISCO DO ANO PARA PERIODISTAS ASOCIADOS DE MúSICA

Triángulo de Amor Bizarro faise co Premio Ruído

INDIE | xaneiro 11, 2017

imaxe non dispoñible

A sala El Sol de Madrid acollía na noite de onte a entrega do Premio Ruído ao Disco do Ano. O colectivo Periodistas Asociados de Música outorgoulle o seu galardón a Salve Discordia, cuarto traballo de Triángulo de Amor Bizarro. Os galegos impuxéronse entre a quincena de traballos finalistas nesta segunda edición dos premios, que á súa vez foron seleccionados a partir de dúas roldas de votacións dun cento de profesionais da comunicación musical. Nos finalistas non faltaban outros nomes do país como Iván Ferreiro e Novidades Carminha. Na gala, ademais dos propios galardoados, actuaron Kokoshca e Aries. O grupo está en plena xira de presentación do seu traballo, con actuacions noso país previstas en Ferrol (18 de febreiro), Vigo (25 de febreiro) e Sarria (11 de marzo, no Esmorga Fest).

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer