Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / A Brigada Bravo & Díaz explora as Músicas populares de la Gran Guerra

O DúO ESTá EN PLENA XIRA DE PRESENTACIóN DO NOVO DISCO

A Brigada Bravo & Díaz explora as Músicas populares de la Gran Guerra

MISCELáNEA | xaneiro 17, 2017

musicas_populares_gran_guerra_bravo_diaz.jpg

Despois de visitar os sons da Guerra Civil no seu anterior traballo, o dúo composto por Antonio Bravo e Germán Díaz volve a ollada á Primeira Guerra Mundial no seu novo traballo. Músicas populares de la Gran Guerra é un álbum no que a Brigada Bravo & Díaz reinterpreta once temas desta época rescatados polo fondo de dixitalización de cilindros de cera da Biblioteca da Universidade de California, Santa Bárbara. Zanfona, guitarra e caixas de música únense nun proxecto acústico que mantén o característico son do dúo, con altas doses de improvisación e toques de jazz. O álbum sae publicado da man de Producciones Efímeras, o selo que mantén o zanfonista de Valladolid afincado desde hai anos en Cospeito. Logo de comezar na Arca de Noe, en Vilar de Santos, e de pasar polo Museo Galego da Marioneta, en Lalín, a xira de presentación continúa este día 19 na compostelá Casa das Crechas. O teatro do Ribadeo (20 de xaneiro) e o Clavicémbalo do Lugo (día 21), son as vindeiras citas previstas no noso país.



datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer