Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Rede de Música ao Vivo ofertará menos actuacións neste semestre

O PROGRAMA PREVé 87 CONCERTOS, FRONTE AOS 126 DO MESMO PERíODO DE 2016

A Rede de Música ao Vivo ofertará menos actuacións neste semestre

MISCELáNEA | febreiro 1, 2017

imaxe non dispoñible

Case un terzo menos actuacións que no pasado ano, 87 fronte a 126, e unha diminución do orzamento (44.600 euros, fronte a 57.034) marcan o programa da Rede Galega de Música ao Vivo para o primeiro semestre deste 2017. A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) presentaba onte este programa, que contará de 84 concertos e tres monólogo e chegará a unha trintena de salas de dezanove localidades do país. Entre os nomes que actuarán no marco desta iniciativa atópanse The Lákazans, que suman seis recitais, Villanueva con cinco e Igloo e Ivy Moon con catro cada un. Canda a eles, poderán verse concertos de Adrián Costa, Aló Djangó, Andhrea & The Black Cats, Banda Crebinsky, Brigada Bravo & Díaz, Clave de Fado, Dakidarría, Eladio y los Seres Queridos, Faltriqueira, Far Away Place, Ith, Maryland, MJ Pérez, Piña, Por Placer, Secho y los Invisibles, Sinestesia, Sonia Lebedynski, Sumrrá, The Llolipops, Tincho Fernán, Tonichi y Pacheco, Tractor Troy, Helena Goch, The Lines e Frankie Chávez. A oferta complétase cos monólogos de Alberte Montes e Padre Merino. A iniciativa desenvólvese en colaboración coa Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo Clubtura.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer