Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Escuchando Elefantes presenta o seu terceiro disco 'Hope'

PLAYA CLUB ACOLLERá ESTE VENRES O PRINCIPIO DA XIRA DO DúO CORUñES

Escuchando Elefantes presenta o seu terceiro disco 'Hope'

INDIE | marzo 21, 2017

not_27276.jpg

O dúo Escuchando Elefantes presentará este venres en concerto no Playa Club da súa cidade, Coruña, o seu novo disco Hope, o terceiro do seu currículo. O disco xa está en formato dixital en todas plataformas desde o pasado venres e algúns dos seus temas foron adiantándose en vídeos desde hai meses, como Anyway. A base de percusión e guitarras Silvia Rábade e Carlos Tajes defenderan os seus temas nos escenarios na xira que agora comezan e que en parte farán como teloneiros do irlandés Glen Hansard na súa xira española. Os dez temas de Hope están cantados en inglés e preséntanse cun aire máis eléctrico que os anteriores traballos do dúo coruñés, algo máis achegado ao rock que ao folk americano como nos anteriores. Tras este concerto Escuchando Elefantes irán aGranada e non será ata o primeiro de abril cando poidamos escoitalos de novo en terras galegas en Ferrol. O disco en formato CD pode adquirirse a través da súa páxina web.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer