Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Triángulo de Amor Bizarro trunfan nos premios da música independente

ELADIO Y LOS SERES QUERIDOS GAñAN NA CATEGORíA DE DISCO EN GALEGO

Triángulo de Amor Bizarro trunfan nos premios da música independente

INDIE | marzo 29, 2017

imaxe non dispoñible

Os grandes triunfadores da noite dos IX Premios MIN da música independente foron os barbanzáns Triángulo de Amor Bizarro. O grupo estaba en todas as previsións despois do éxito de recoñecemento acadado co su disco Salve discordia e acabou a noite levantando catro galardóns. TAB, presentes na gala, recolleron o premio Flooxer ao mellor álbum do ano, o premio Gibson ao mellor disco de rock o premio Radio 3 ao mellor artista e o premio outorgado á mellor produción para Carlos Hernández polo seu traballo feito en Salve discordia. TAB era finalista en sete dos premios deste ano. Na categoría de Mellor álbum en galego, foi a banda viguesa Eladio y los Seres Queridos a que levou o premio por Cantares, o disco no que revisita cancións populares desde o seu son pop. Novedades Carminha era finalista en catro categorías pero non conseguiu acadar ningún dos galardóns. A gala, organizada desde a Unión de Fonográficas Independentes retransmitiuse en directo a través da canle virtual Flooxer.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer