Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Javi Maneiro comeza percorrido como solista con ‘Furtivos’

O VOCALISTA DE HEREDEIROS DEFENDE NO SEU DEBUT EN SOLITARIO UN ROCK DE AUTOR CONTUNDENTE

Javi Maneiro comeza percorrido como solista con ‘Furtivos’

ROCK | abril 4, 2017

not_27337.jpg

Desde un rock'n'roll de autor sen concesións Maneiro proxéctase por vez primeira en solitario co lanzamento do seu disco Furtivos. Mantendo a súa vixencia como vocalista titular nos Heredeiros da Crus, banda coa que xa cumpre 25 anos este 2017, Javi Maneiro sempre estivo en activo coas súas inquedanzas propias e coa súa outra banda Jabón Blue editou tres discos entre 2008 e 2012. En total 12 discos de estudo xa no seu currículo coas dúas formacións. Furtivos é o primeiro álbum que Maneiro defenderá como solista e como compositor de todas as pezas. Impulsada a súa gravación e edición a través dunha campaña de crowdfunding coa que o do Barbanza acadou superar a barreira dos 10.000 euros, chega cunha proposta de dez temas contundentes e enérxicos que recupera a esencia do rock nacional con letras que recollen anos de suor e escenario. O seu tema de lanzamento, Eclipsándolo todo xa pode escoitarse en Bandcamp.

A saída de Furtivos responde a actitude vital coa que Maneiro confrontou as súas composicións: a vida só ocorre unha vez e Javi non quere quedar coa incertidume do que puido ter acontecido e menos sen amosar a súa identidade musical propia e diferenciada por fóra de formacións nas que se desenvolven traballos creativos de conxunto. O disco xa está dispoñible para a súa descarga dixital e desde o 8 de abril a copia física en CD chegará aos puntos de venda. O vindeiro 29 de abril terá lugar o concerto de presentación de na Sala Capitol, de Santiago dentro do ciclo Santiautor 2017. Alí Maneiro estará acompañado pola banda coa que e levou a cabo a gravación deste traballo, realizada nos estudos Nakra de A Coruña, da man de José Puga e Pachi Baldomir, e na que contou con Manu Rey á batería, "Pony" ao baixo e "Kuervo" e Iago Lorenzo ás guitarras. A produción musical recaeu en Iago Lorenzo e foi masterizado por Robin Schmidt, que se encargou dos álbumes de bandas do talle de Placebo ou Mumford & Sons, entre outros.


datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer