Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O festival Sinsal presenta datas e esgota abonos en 24 horas

POR VEZ PRIMEIRA FAISE UN ABONO CONXUNTO CO FESTIVAL LUSO MILHõES DE FESTA

O festival Sinsal presenta datas e esgota abonos en 24 horas

ALTERNATIVA | abril 19, 2017

imaxe non dispoñible

O tirón do festival Sinsal Son Estrella Galicia demóstrase doadamente cada ano. Se recentemente foi por ser escollido na publicación británica The Sunday Times como un dos oito mellores festivais pequenos de Europa, agora é ao ter esgotado en apenas 24 horas todos os abonos de tres e dous días desque saíron á venda. O festival, que anunciou o pasado día 12 as súas datas de realización para os tres días entre o 21 e o 23 de xullo na Illa de San Simón non presenta programa, o cal é unha das súas características máis salientables, xa que se trata dun cartel con máis de vinte concertos sen comunicación previa no que hai que confiar a cegas no que os programadores teñan escollido xa que só se coñece ao comezar o evento. O pasado ano foi o primeiro que o Sinsal Son Estrella Galicia completou o seu restrinxido aforo de 800 prazas e este ano semella que vai camiño de repetirse. O vindeiro luns sairán á venda as entradas por día. Esta sétima edición trae como principal novidade e iniciativa pioneira na península, que o seu abono compártese con outro evento de semellantes características que ten lugar ao mesmo tempo en Barcelos (Portugal) o festival Milhões de Festa. Así o abono conxunto implica compaxinar concertos do Sinsal con concertos e campismo en Barcelos facilitando o transporte colectivo da xente entre os dous eventos. Haberá palco Sinsal en Barcelos e palco Milhões de Festa na redondelá Illa de San Simón.

Tamén o festival WOS de Santiago ven de anunciar as súas datas de celebración entre o 6 e o 10 de setembro. O vindeiro día 3 de maio o evento organizado pola promotora Work On Sunday porá á venda os abonos, aínda sen facer confirmación de actuacións nin programa. Esta será a cuarta edición deste festival de música alternativa que se celebra no límite da temporada, sen grandes escenarios, sen zona de acampada, en espazos fechados nun centro histórico. Un programa que desde a súa primeira edición inclúe coloquios, actuacións artísticas e disciplinas como o audiovisual ou as artes plásticas.

Ligazóns

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer