Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Luar na Lubre encabeza o cartel no XVIII Festival Folk de Raíz

POR CALLOBRE TAMéN PASARáN ZURRUMALLA E SONS DA MINA

Luar na Lubre encabeza o cartel no XVIII Festival Folk de Raíz

FOLK | maio 29, 2017

imaxe non dispoñible

A décima oitava edición do festival Folk de Raíz xa ten o cartel da súa proposta musical. O festival que se celebra en Callobre, no Concello da Estrada, o sábado 1 de xullo, contará con catro actuacións musicais ademais da animación e gastronomía, xunto coa zona de acampada. Luar na Lubre, que está este ano celebrando en xira o seu XXX aniversario, será un dos pratos fortes do cartel. Polo escenario do Folk de Raíz en Callobre tamén pasarán Zurrumalla, que leva en activo un ano menos que o propio festival; o grupo de música tradicional Sons da Mina, de Fontao (Vila de Cruces) e a formación propia da Asociación Cultural Retranqueiros, organizadores deste evento de música tradicional e que neste caso actúan como anfitrións. Desde a organización non descartan que haxa máis incorporacións sobre o escenario.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer