Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Def Con Dos e Soziedad Alkohólika para o Castelo Rock de Muros

O ROCK IN RíO TEA DE PONTEAREAS VAI ABRINDO BOCA TODO O MES CON ROCK E GASTRONOMíA POPULAR

Def Con Dos e Soziedad Alkohólika para o Castelo Rock de Muros

ROCK | xuño 2, 2017

imaxe non dispoñible

O festival Castelo Rock que se celebra na Praia do castelo na localidade de Muros celebrará este ano a súa décima terceira edición nos días 4 e 5 de agosto. Desde a Asociación Cultural Recreativa e Deportiva Praia do Castelo, organizadora do evento, veñen de presentar o cartel definitivo coa distribución por días para este ano. Oito grupos de dous Dj´s para ofrecer un festival de sons potentes e reivindicativos da corda do punk rock e cunha importante representación galega. Os organizadores non esquivan a controversia e contarán coas bandas Def Con Dos e Soziedad Alkohólika (S.A.) encabezando o cartel de venres e sábado respectivamente. Xunto a eles o venres estarán os vascos Kaótiko, a banda de hip hop Rebeliom do Inframundo e Archivo Adxunto. O sábado o cartel completarase con Reincidentes, que como S.A. xa participara anteriormente no festival muradán, NAO, e Monoulious Dop. As entradas xa están á venda por 19,50€ máis gastos.

Outro festival organizado desde unha asociación cultural, A.C. Falcón en Ponteareas, e ligado ao sons contundentes, o Rock In Río Tea de Ponteareas, prepara xa a súa nova edición, a quinta, para o 30 de xuño na localidade pontevedresa. Pero antes da súa celebración a localidade vai ir quentando motores ao logo de todo o mes co Rock na rúa, unha oferta que mestura música e gastronomía dende a unha da tarde cada sábado de xuño con actuacións acompañadas de cadanseu menú polos bares da vila. The Loopholes na xornada Rock&Callos no Bodegón Severo este sábado día 3 de maio, o Rock and Pizza o sábado día 10 coa actuación dos Family Folks na Casa da Triga. O sábado 17 de xuño, será a xornada do Rock and Fabada na Casa Ferreira cos Breakin´Bones.O sábado 27 haberá Rock&Salpicón no Blu Bar con The Trunks. Xa para o seguinte sábado comezará o festival no que seis bandas actuarán nos dous días do festival. Los Zigarros, e os grupos vigueses The Soul Jackets e Eladio y los Seres Queridos, os bilbaínos Los Brazos, The Pretty AShirtse o gañadores do concurso de bandas Rock in Río Tea, Wonderlust Kings actuarán neste festival que ten a entrada de balde.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer