Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Os ciclos Xoves de Códax e o Son&Sal presentan as súas novas edicións

AS DúAS PROPOSTAS ORGANIZADAS DESDE ADEGAS DAS RíAS BAIXAS OFRECEN MúSICA EN DIRECTO NO VERáN

Os ciclos Xoves de Códax e o Son&Sal presentan as súas novas edicións

MISCELáNEA | xuño 12, 2017

imaxe non dispoñible

Música en directo e viño, son os dous denominadores comúns á oferta de ciclos que veñen de presentarse de xeito case coincidente e que anuncian novas edicións dunhas fórmulas xa probadas anteriormente: Os Xoves de Códax e os Son&Sal. Seis son as edicións que levan xa Os Xoves de Códax, un ciclo de concertos de verán que se levan a cabo nas instalacións das Adegas Martín Códax, en Cambados. Cada xoves dos meses de xullo e agosto, a partir da 20:30 horas, a terraza das adegas presentará propostas musicais , con gran protagonismo de artistas galegas moitos deles en fusión con grandes do panorama nacional. Así o ciclo comezará o vindeiro 6 de xullo coa actuación conxunta de Silvia Pérez Cruz e Uxía. Unha voz do jazz, a rumba e o flamenco máis outra representativa do son galego e lusófono. En total nove concertos ao longo do verán polos que pasarán Cristina Pato e Wöyza; Nastasia Zürcher, gañadora do Premio Martín Códax da Música 2016 na categoría blues, funk e soul; Miguel Lamas e Lin Cortés; Rosario la Tremendita e Abe Rábade; Alba Molina e Marcos Teira; A banda de Balbina; Os Amigos dos músicos, gañadores do Premio Martín Códax da Música 2017; e o ciclo se pechará o 31 de agosto coa actuacuión de Budiño, Javier Limón e Luiz Caracol.

A pola segunda edición vai, tamén na zona das Rías Baixas e vencellada ao viño da D.O.P., o ciclo Son&Sal, que ademais engade a gastronomía e o mar. As ceas-paseo pola ría organizadas pola adega Paco&Lola os venres ofrecen de novo nos seus barcos a música en directo mentres pasean pola ría de Arousa ao solpor. Catro concertos para este ciclo nos que as bandas e artistas galegas soben ao barco no porto de Cambados os dous primeiros e no do Grove os seguintes. Nastasia Zürcher, Adrián Costa, Néstor Pardo e Sabela King & The Heartbreakers son os protagonistas da experiencia musical que comezará o venres 21 de xullo e terá lugar cada venres seguinte. Como xa se apuntaba na primeira edición o Son&Sal procura para estes paseos a fusión de blues, soul, folk e rockabilly para estas noites do venres a bordo.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer