Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Cartel completo para o Castañazo Rock e primeiros nomes para A Candeloria

DOCE CONCERTOS PARA O XV CASTAñAZO O VINDEIRO MES DE OUTUBRO EN CHANTADA

Cartel completo para o Castañazo Rock e primeiros nomes para A Candeloria

MISCELáNEA | outubro 6, 2017

imaxe non dispoñible

O festival Castañazo Rock ven de presentar o seu cartel definitivo e por días para a súa décima quinta edición que se celebrará os vindeiros días 10 e 11 de novembro en Chantada (Lugo). En total doce concertos, seis por día, de marcado carácter de rock reivindicativo. Green Valley e Rito Propaganda encabezan os “line ups” de cada día onde tamén estarán as bandas galegas Terbutalina, Chotoko Eu!, The Skarnivals ou Arrhythmia entre outros. O festival ofrecerá ademais outras actividades como un apartado infantil, cantos de taberna e de xeito acorde coas datas un magosto. Os abonos e as entradas por día xa está á venda.

Outra cita lucense que ven de sacar con moito avance as súas primeiras confirmacións é o Festival A Candeloria, o que é habitualmente a primeira cita anual con este tipo de eventos. Os días 22, 23 e 24 de febreiro do 2018 celebrarase en Lugo a quinta edición que ven comunicar os cinco primeiros nomes do seu cartel e sacar á venda xa os abonos. Como avance xa sabemos que A Candeloria 2018 contará con GBH, NARCO, Leo Arremecághona, CRIM e Huntza como primeiras confirmacións do festival.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer