Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Andrea Pousa inicia a súa carreira en solitario con Respirar

O TEATRO AFUNDACIóN DE VIGO ACOLLERá O DíA 26 O CONCERTO DE PRESENTACIóN

Andrea Pousa inicia a súa carreira en solitario con Respirar

MELóDICA | outubro 18, 2017

respirar_andrea_pousa.jpg

A Casa Galega da Cultura, en Vigo, acollía onte o acto de presentación de Respirar, o primeiro álbum en solitario de Andrea Pousa. Logo de quince anos nos escenarios en diferentes formacións e dunha intensa carreira a facer dúo co Bruxo Queiman, a cantante inicia a súa carreira individual cun disco que se mantén nas coordenadas líricas dos seus anteriores traballos. Unha selección de temas propios en galego, castelán e portugués mesturan, segundo a presentación do traballo, "lirismo, tradición, vanguardia, popular...", a se completar cunha versión da coñecida Negra Sombra. Nani García encargouse da produción e da gravación deste álbum, que se presentará ao vivo cun concerto no Teatro Afundación de Vigo este 26 de outubro.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer