Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Os nenos da vella e Máis boas cás patacas gañan Quero cantar

OS GRUPOS IMPUXéRONSE NAS CATEGORíAS INFANTIL E XUVENIL DO CERTAME DA DEPUTACIóN DA CORUñA

Os nenos da vella e Máis boas cás patacas gañan Quero cantar

INFANTIL | outubro 23, 2017

imaxe non dispoñible

Unha gala no Teatro Colón daba a coñecer a noite do venres 20 de outubro os proxectos gañadores do II Certame Quero cantar, que organiza a Deputación da Coruña. O grupo coruñés Os nenos da vella fíxose co premio na categoría infantil co tema Quero xogar, unha peza orixinal composta polos tres compoñentes, Noa, Mikel e Yune en colaboración co seu mestre Javi. Na categoría xuvenil impúxose o conxunto Máis boas cás patacas de Teo, composto por oito rapazas que interpretaron o teama Son muller. Cada unha das bandas recibirá un premio de 1.500 euros para material musical e produtos culturais en galego e poderá gravar o videoclip do tema vencedor.

Canda aos gañadores, resultaron galardoadas no certame as formacións Quenindiole de Ferrolterra e As estrelas do rock de Bertamiráns-Ames, que levaron cadanseu premio de 1.000 e de 500 euros, cos temas Vinde bailare e Tolemia animal.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer