Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Resurrection Fest e Portamérica conseguen o recoñecemento dos Premios Fest

A CITA DE VIVEIRO TIVO A MELLOR ZONA DE ACAMPADA E A DE CALDAS OBTIVO O GALARDóN á RESTAURACIóN

Resurrection Fest e Portamérica conseguen o recoñecemento dos Premios Fest

MISCELáNEA | outubro 26, 2017

imaxe non dispoñible

Os Premios Fest, únicos galardóns do Estado que recoñecen o traballo dos festivais musicais, volven ter presenza galega entre os seus gañadores. O Resurrection Fest e o Portamérica, únicos candidatos do país na edición deste ano, conseguiron cadanseu recoñecemento. O festival de Viveiro fíxose desta volta co premio á mellor zona de acampada. No entanto, ficou relegado nas outras tres categorías en que competía. Precisamente nunha delas, a de mellor zona de restauración, foi o outro finalista galego o que lle tirou o premio, de xeito que o Portamérica inaugura a súa etapa en Caldas a figurar neste palmarés cun galardón que xa obtivera en 2015 e no que estivo como finalista nas catro edicións deste certame.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer