Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Academia do Audiovisual reedita a semana dedicada ás bandas sonoras

A OSG PECHARá CUN CONCERTO DE MúSICAS DE CINE E TELEVISIóN EN NARóN A IIª SEMANA DAS MúSICAS DO AUDIOVISUAL

A Academia do Audiovisual reedita a semana dedicada ás bandas sonoras

BSO | novembro 15, 2017

imaxe non dispoñible

O Palacio da Ópera da Coruña acolleu a presentación da segunda edición da Semana das Músicas do Audiovisual, un festival singular organizado pola Academia Galega do Audiovisual e pola Orquestra Sinfónica de Galicia coa intención de dar protagonismo ás músicas compostas para cine, televisión e outros medios audiovisuais. Esta segunda edición celebrarase dende o 27 de novembro ata o 1 de decembro na Coruña, Compostela e Narón, baixo a batuta de dirección do evento do compositor Nani García.

A II Semana das Músicas do Audiovisual ofrecerá un programa con máis contido formativo aínda que na edición anterior a través das fundacións Paideia e SGAE nas que Luis Ivars, Oscar Araújo, Vanessa Garde e Juanjo Molina impartirán obradoiros e Masterclass para profesionais do sector da música e audiovisual. Como colofón do programa a Orquesta Sinfónica de Galicia ofrecerá en Narón o venres 1 de decembro un gran concerto no que interpretará algunha das principais partituras para cine e televisión escritas en Galicia durante os últimos anos por compositores como Xavi Font, Manuel Riveiro, Arturo Kress ou o propio Nani García. O concerto e a semana dedicará este ano una especial atención á figura de Fernando Velázquez, autor referencial do Estado, que dirixirá o concerto, incluíndo algunhas das súas obras no programa, e que participará de forma moi activa durante a semana, levando a cabo a gravación aberta aos académicos e profesionais, da banda sonora dun dos seus próximos filmes, Os futbolísimos, coa Orquestra Sinfónica de Galicia e participando nun encontro aberto ao público do mundo da música de cine. A maioría das actividades serán de acceso gratuíto, previa reserva.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer