Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Poderío feminino no novo disco de The Lákazans

SAE HOXE á VENDA 'SANDWINA', TERCEIRO TRABALLO DOS BOIRENSES

Poderío feminino no novo disco de The Lákazans

JAZZ/BLUES | xaneiro 8, 2018

sandwina_lakazans.jpg

O terceiro disco da banda The Lákazans sae hoxe á venda co nome da que foi a "muller máis forte do mundo" a primeiros do século XX, a austríaca Kate Brumbwach coñecida artisticamente como “Sandwina”. O sexteto boirense de blues fai así neste Sandwina (Dotbeat, 2017) unha homenaxe ao poderío feminino a través de esta vienesa que serve de inspiración xa para o tema co que abre o disco, o potente 300 pounds of legend que a modo de anécdota remata cunha improvisación xurdida na propia gravación. Tras o anterior Homegrow (2015) dous anos tardaron en entrar de novo no estudio para plasmar este disco gravado en Pouland Studios, con Iago Pico que co-produciu este disco xunto con Fran Velo e Benjamín Vázquez. Moitas das boas sensacións presentadas naquel traballo vense agora confirmadas e reafirmadas por un son áínda máis seguro e ben asentado.

En Sandwina Sabela King, Benja Vázquez e Almudena Gómez, volven tomar as rendas das melodías e as letras nun disco co máis puro son característico da banda, que abre o seu espectro blues aínda máis á música americana, resolvendo con facilidade en rockabillies, countries, souls e swings ao longo dos doce temas que ofrece. Cun fío narrativo que compacta o álbum o pasado mes presentábase como avance o tema It’s not enough un rockabilly claramente enriquecido pola potente configuración instrumental da banda coa virtuosa harmónica de Ramón Figueiras "Figui". O podería amosado polo completo combo deixase sentir na escoita do disco xa sexa nos variados instrumentos como nas capaces e versátiles voces co liderado de Sabela King deixando novas mostras da súa seguridade para transitar todas as variacións do xénero que visitan. The Lákazans buscan con Sandwina abrir camiños cara novos públicos e non acomodarse sen deixar de responder aos seus cada vez máis seareiros fieis que atenden á súa axenda de concertos. O disco, que xa está a venda en formatos físico e dixital, comeza a xira de presentación o vindeiro 8 de febreiro na Sala Capitol de Compostela, para seguir ao día seguinte en Vigo en La Fábrica de Chocolate e posteriormente por Coruña e o Festival Internacional de Blues Vila do Conde. En marzo, tras pasar por Pontevedra e Ferrol arribarán á súa vila local, Boiro para presentar Sandwina na Pousada das Ánimas o día 24.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer