Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Roberto Oliveira achega Arxentina e Galicia no seu novo disco

O PERCUSIONISTA PROPóN NOVE TEMAS EN DIáSPORA. NOVAS MúSICAS DE AQUí E DE ACOLá

Roberto Oliveira achega Arxentina e Galicia no seu novo disco

MISCELáNEA | xaneiro 15, 2018

diaspora_roberto_oliveira.jpg

Coa emigración galega a Arxentina como eixe e a integrar colaboracións dos dous países, o percusionista Roberto Oliveira acaba de presentar Diáspora. Novas músicas de aquí e de acolá. O álbum publicado por Sonaxe achega nove temas con duracións de entre 4 e 14 minutos, no que a percusión tradicional e a electrónica se mesturan. Os compositores arxentinos Jorge Variego, Carlos Passeggi, Sergio Fidemraizer e os galegos Andrés Álvarez, Rubén Vizcaino e Antón Alcalde participaron no desenvolvemento do proxecto. Oliveira está a presentar ao vivo o seu álbum a integrar coa música proxeccións audiovisuais sincronizadas, no que o artista define como "unha experiencia multisensitiva".

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer