Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Fernando Barroso continúa carreira en solitario con Silence Lovers Club

A MANDOLINA E O VIOLONCELLO PROTAGONIZAN ESTE SEGUNDO áLBUM

Fernando Barroso continúa carreira en solitario con Silence Lovers Club

MISCELáNEA | xaneiro 16, 2018

silence_lovers_club_fdo_barroso.jpg

Swing, jazz música persa, sons barrocos e raíz popular atópanse no segundo álbum de Fernando Barroso. O instrumentista continúa carreira en solitario co seu segundo álbum, Live at Silence Lovers Club, no que presenta doce temas novos coa súa mandolina acompañada do violoncello de Margarida Mariño. Presentado como unha actuación no imaxinario club que lle dá título, no álbum "a idea era crear un repertorio de directo cun instrumento que me permitise versatilidade, interpretar melodías protagonistas, pero que ao mesmo tempo tivera recursos rítmicos e harmónicos para poder acompañar. Pensei na mandolina, da que sempre gostei", segundo explica Barroso na presentación do proxecto. Ademais de Mariño, Barroso conta coa colaboración da portuguesa Celina da Piedade que pon voz e acordeón ao tema Ausencia.

O Auditorio Municipal de Vigo acolle o vindeiro 10 de febreiro o concerto de presentación do novo álbum, un recital que contará cun convidado especial ademais de Barroso e de Mariño. León, Sant Boi de Llobregat, Barcelona e Madrid serán as seguintes citas das xira.


datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer