Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / O primeiro disco de Supernatural chega en dúas versións en castelán e inglés

NADA QUE FINGIR / NOTHING TO PRETEND PRESENTA ONCE TEMAS DE ROCK

O primeiro disco de Supernatural chega en dúas versións en castelán e inglés

ROCK | xaneiro 18, 2018

nadaquefingir_supernatural.jpg

Once temas de rock melódico compoñen o primeiro disco de Supernatural, a banda que compoñen Suso Valcárcel (batería), Daniel Lemos (baixo) e Fran Almodóvar (guitarra) e que conta como vocalista con Thais Rudiño, que acadou sona por participar o pasado ano no concurso televisivo La Voz. Como grande peculiaridade, este álbum de debut preséntase en dúas versións, unha cantada en castelán e a outra en inglés, cos títulos respectivos de Nada que fingir e Nothing to pretend. Segundo explica a banda, aínda que os temas son os mesmoas, as letras sofren prequenas variacións en cada lingua. O álbum, autoeditado, gravouse nos estudios Los Rosales en Madrid. A banda anuncia en Ribeira, o 9 de febreiro, o seu vindeiro concerto de presentación.







datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer