Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / O Festival de Ortigueira cumpre 40 anos

MILLADOIRO, CARLOS NúñEZ, IMAR E YVES LAMBERT PROJECT PROTAGONIZARáN O PROGRAMA DESTE VERáN

O Festival de Ortigueira cumpre 40 anos

FOLK | xaneiro 22, 2018

imaxe non dispoñible

A vila de Ortigueira acollerá entre os vindeiros 12 e 15 de xullo unha edición especial do Festival Internacional do Mundo Celta. O evento cumpre na súa xeira de 2018 corenta anos de existencia, que non corenta edicións, xa que houbo pausas na súa celebración. Para conmemorar a efeméride, o programa recupera dous nomes xa clásicos no evento, como son Milladoiro e Carlos Núñez. Canda a eles, os escoceses Imar e os canadenses Yves Lambert Project marcan un programa no que tamén estarán presentes Kila, Rubén Alba ou Os D’abaixo. A Feira Internacional de Turismo (FITUR) de Madrid acolleu esta fin de semana a presentación da nova xeira cun cartel deseñado polo ilustrador Fernando Ruibal, que se impuxo no certame para lle pór imaxe ao evento.

Durante a presentación, Juan Penabad, alcalde de Ortigueira, e Alberto Balboa, coordinador do Festival, presentaron tamén o ciclo Festival no Teatro que prolonga durante os meses de inverno as actuacións de música de raíz na vila. Dentro deste programa poderá verse o vindeiro 23 de marzo o trío formado por Dónal Lunny, Padraig Rynne e Sylvain Barou, e o día 13 de abril a Lúnasa.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer