Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Nani García fai parte dunha candidatura aos Óscar

O MúSICO GALEGO ASINA PARTE DA BANDA SONORA DE UNA MUJER FANTáSTICA

Nani García fai parte dunha candidatura aos Óscar

MISCELáNEA | xaneiro 24, 2018

imaxe non dispoñible

O filme chileno Una mujer fantástica que acaba de obter a candidatura a mellor fita en lingua estranxeira dos Óscar de Hollywood, conta con presenza galega entre os seus creadores. O músico Nani García asina varias pezas da banda sonora desta produción, na que Matthew Herbert levou o peso principal. García elaborou as súas composicións de xeito libre e sen interactuar coa música de Herbert, segundo explica hoxe en La Voz de Galicia. O músico coruñés actuará o vindeiro 3 de febreiro na coruñesa Sala Garufa nun concerto co seu trío acompañado polo Quinteto Cimarrón para presentar o seu último disco, Cinematojazzía.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer