Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Eduardo Estévez integra música, poesía e banda deseñada en De baleas

O PROXECTO VISITA ESTA SEMANA LUGO EN PLENA XIRA DE PRESENTACIóN

Eduardo Estévez integra música, poesía e banda deseñada en De baleas

MISCELáNEA | xaneiro 29, 2018

debaleas_eduardo_estevez.jpg

De baleas, o último poemario de Eduardo Estévez, transcende a literatura e preséntase como un produto transmedia no que colaboran diferentes creadores. O volume, editado por Caldeirón, integra canda aos textos do poeta unha banda deseñada de Tokio sobre dous poemas da obra. Ademais, un CD mestura cantos de baleas con once temas creados por músicos como Macarena Montesinos, o dúo Tiberevi, Benxamín Otero, Estevo Creus, Daniel Quaranta, Ariel Ninas, Pablo Seoane e Gabriela Acosta, Mónica de Nut, Mig Seoane, Madamme Cell e Belén Bermejo, acompañada por Andrés Díaz. O autor atópase en plena xira de presentación deste traballo, e visitará Lugo este día 31. Ferrol, Sarria, Outes e Padrón son outras das paradas previstas neste itinerario.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer