Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Outro que tal baila é o terceiro álbum de Tiruleque

UN CONCERTO NA SALA CAPITOL O 14 DE FEBREIRO INICIARá A XIRA DE PRESENTACIóN DO DISCO

Outro que tal baila é o terceiro álbum de Tiruleque

FOLK | xaneiro 30, 2018

outro_que_tal_baila_tiruleque.jpg

O vindeiro 17 de febreiro chega ás tendas e preséntase ao vivo na Sala Capitol de Compostela Outro que tal baila, terceiro álbum de Tiruleque. Cinco anos depois de Mu!, o grupo lanza dez temas novos nos que continúa a explorar as posibilidades da música de raíz para a festa e o baile. O álbum autoeditado recolle tres temas propios, "nos que se xoga cos límites dos xéneros", segundo explica a presentación do proxecto, canda a "seis versións de temas tradicionais recollidos por investigadores como Pablo Carpintero ou o americano Alan Lomax. Os temas propios son Ribazo de Razo, definida como unha muiñeira contemporánea de corte tradicional; Mazo té, mazo, xota para dúas gaitas e resto de instrumentos, ou Rumbanera, composición a medio camiño entre a rumba e a habanera. Nas versións, destacan temas tradicionais como a Muiñeira dos dous golpes, o Romance dos paragüeiros ou Asubíame de lonxe.

Logo do concerto compostelán, a banda continuará a súa xira pola Fundación de Melide o 23 de febreiro e polo coruñés Garufa o 9 de marzo . A SalaSon de Cangas o 28 de abril e o lugés Clavicémbalo, o 16 de xuño son outras datas xa confirmadas.





Tamén che pode interesar:

datos do disco
Ligazóns

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer