Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / aCentral Folque publica unha escolma das recollidas musicais de Gustav Henningsen

O ANTROPóLOGO DINAMARQUéS VISITA GALICIA PARA PRESENTAR O NOVO LIBRO-CD ESTA SEMANA

aCentral Folque publica unha escolma das recollidas musicais de Gustav Henningsen

FOLK | febreiro 21, 2018

gravacions6868_Henningsen.jpg

Gustav Henningsen. Gravacións musicais en Galiza 1964-1968 é último título da colección "A chave mestra" que publica aCentral Folque. O novo libro CD recolle unha escolma de 38 cortes das gravacións de carácter musical que este antropólogo dinamarqués realizou durante o seu traballo de campo no noso país, maiormente na comarca de Ordes. Os etnomusicólogos Xavier Groba e Sergio de la Ossa foron os responsables de escolmar o material dun estenso arquivo fonográfico que ata hoxe estaba inédito. Ademais do CD, a publicación inclúe un ensaio divulgativo, a transcrición das melodías e unha escolma de fotografías inéditas realizadas por Henningsen.

O propio antropólogo visita o noso país para realizar dúas presentacións deste traballo. Será en Ordes, o día 24 de febreiro, e en Compostela, o 25, nuns actos que contarán tamén con intervencións de Xavier Groba, Sergio de la Ossa, e o editor, Ramom Pinheiro. Canda a eles, a pandereteira Carme da Pontragha e o zanfonista Ariel Ninas interpretarán algúns dos temas incluídos no CD. O traballo fotográfico de Henningsen fora xa obxecto dunha exposición no Museo do Pobo Galego en 2015.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer