Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Sae o primeiro disco da banda valguesa Músculo!

O GRUPO DE MúSICA ELECTRóNICA PON HOXE á VENDA O DISCO HOMóNIMO

Sae o primeiro disco da banda valguesa Músculo!

ELECTRóNICA | febreiro 26, 2018

musculo_cd.jpg

A banda de música indie electrónica Músculo! lanzan hoxe o seu primeiro disco longo, con título homónimo e de autoprodución.O novo traballo está conformado por seis cortes, gravado en Montreal Estudios de Subiza, Navarra, con produción de Hans Krugër. Os novos temas deixan ver unha fonda evolución do grupo cara a electrónica máis actual e ritmos progresivos bailables tras os EP presentados en anos anteriores Selección natural (2013) e Vivac (2014). O grupo naceu en xaneiro de 2012 en Valga (Pontevedra) coa intención de mesturar instrumentos analóxicos con elementos electrónicos buscando novas texturas e estilos y xa en marzo dese mesmo ano logran ser semifinalistas no certame Proyecto Demo do FIB e Radio 3. Músculo! Xa pasaron por algúns dos festivais máis importantes do Estado como o BBK Live, o BIME (Bilbao), Monkey Week (Puerto de Santa María), Low Festival (Benidorm), Atlantic Fest (Illa de Arousa), Lets Festival (Barcelona), Festival do Norte (Vilagarcía de Arousa), Sereas e Piratas (Carballo, A Coruña), Kutxa Kultur (Donosti) ou Wos Festival (Santiago de Compostela), entre outros. A banda está formada por Álvaro Blanco, Raúl Santiago, Javier Buela e Nicolás Nieto. O álbum pódese escoitar en Spotify e xa pode reservarse contactando coa banda a través das súas redes sociais ou no seu correo, musculomusica@gmail.com.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer