Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / Cuarta Xusta debuta con Un novo espertar

O PUB GATOS DE MELIDE ACOLLE A PRESENTACIóN DO PRIMEIRO áLBUM DO GRUPO ESTE 10 DE MARZO

Cuarta Xusta debuta con Un novo espertar

ROCK | marzo 5, 2018

un_novo_espertar_cuarta_xusta.jpg

Con orixe melidá e composición maioritariamente feminina, Cuarta Xusta presenta na casa o seu primeiro disco. O Pub Gatos acolle este 10 de marzo ás 23:59 horas o primeiro concerto da xira de Un novo espertar. O álbum achega oito temas propios de rock aderezado con violín e toques de ska coa intención de "berrar con música as inxustizas que nos rodean" da man de Aida López (cantante), Marta Sánchez (guitarra e violín), Lúa Aguete (batería), Alberto García (guitarra) e Alba Vilariño (baixo). Canda a eles, unha chea de colaboracións coma as de Vituco Neira e Miguel Duarte de Ruxe-Ruxe, Bocixa de Zënzar, Jasper de Nao ou Javi Maneiro de Herdeiros da Crus, algúns dos cales estarán presentes no concerto de inauguración.


O grupo, nado en 2016, prevé continuar a xira presentación nos vindeiros meses con actuacións na Gentalha do Pichel, en Compostela, no Fórum Célticum coruñés, no Kurrala Rock de Ribeira ou na Fundaçom Artábria de Ferrol. O grupo fixo público o tema que dá título ao álbum e mais Un Novo Espertar, no que colabora Jasper de Nao.



 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer