Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Trotaventos presenta o libro-disco 'A fiestra dos soños'

O TRABALLO OFRECE TRECE TEMAS PARA FACER DAS CANCIóNS SOñOS

Trotaventos presenta o libro-disco 'A fiestra dos soños'

INFANTIL | marzo 28, 2018

trotaventos_fiestra_sonos.jpg

A fiestra dos soños é o título do novo libro-disco publicado por Galaxia na súa colección Sonárbore. O álbum ilustrado ofrece as letras de 13 temas que son cancións e son soños tamén. O traballo a cargo da compañía Trotaventos conta coas ilustracións e textos de Manuel Boquete para presentar os diferentes “soños” musicados por Ramón Feáns. Diferentes ritmos salpican o disco, desde sons balcánicos a bossa nova, polka, fado, etc. Para este temas ou “fiestras de soños” que chaman á imaxinación, recúrrese ás descricions de animais e cousas propias do campo como O Moucho, Espantallo, A vaca pinta ou Vacaloura, con sitio tamén para unha Nana e outros temas. Na parte musical a voz de Nadia Fonseca é a maís presente nos temas ainmda que tamén conta coa colboración de Eladio Santos nun dos temas e Ramón Vermejo. O disco foi gravado e mesturado por Ramón campos nos estudios Cormorán e pódese escoitar xa en plataformas dixitais.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer