Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / O punchi must go on con A compañía do ruído

A BANDA RECOMPILA OS TEMAS DO PROXECTO 12 MESES, 12 PUNCHIS

O punchi must go on con A compañía do ruído

FUSIóN | abril 3, 2018

punchi_must_go_on_companhia_ruido.jpg

A Compañía do Ruído apostou por un curioso xeito de conmemorar os seus quince anos en activo. O grupo desenvolveu ao longo de 2017 o proxecto audiovisual 12 meses, 12 punchis no que foron presentando outros tantos vídeos musicales con novos temas. Agora, compilan todo este material no que é o seu sétimo traballo discográfico, O Punchi Must Go On, autoeditado. A temática social e o ritmo festivo continúa nesta nova entrega da súa carreira, un proxecto no que contaron con colaboracións como as de García Mc, Pulpiño Viascón, Trópico de Grelos, Emilio, Rubén, Lucas, Nico e Candi e Ismael da Fanfarria Taquikardia, e as Escolas de música de Bergara, Aramaio, e Erandio da man de Aritz Alustiza (Nomadak). A banda está agora en plena xira de presentación do álbum.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer