Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Os V Premios Martín Códax xa teñen finalistas

OS GALARDóNS ENTREGARANSE O VINDEIRO 9 DE MAIO EN PONTEVEDRA

Os V Premios Martín Códax xa teñen finalistas

MISCELáNEA | abril 19, 2018

imaxe non dispoñible

A sede das adegas Martín Códax en Cambados acolleu onte a festa de presentación dos nomeados aos V Premios da Música de Galicia. O encontro deu a coñecer os proxectos que recibiron máis votos dos membros da Asociación Músicos ao Vivo e entre os que un xurado profesional seleccionará agora os gañadores. Na listaxe que se deu a coñecer conviven proxectos recoñecidos con novas propostas.

Así, na categoría de Pop e Indie, unha das conta con mais inscritos, competirán Eladio y los seres queridos, Espiño e Novidades Carminha. No rock pola súa banda atópanse Igmig, Mad Martín Trío e Moon Cresta. No campo de Folk están presentes Tanxugueiras, Xosé Lois Romero e Aliboria e mais Os D´Abaixo, mentres en canción de autor intégranse nomes dispares como Caxade, A banda da loba e Uxía.
No campo dos festivais, chegan á final dos galardóns Nigranjazz, o Resurrection Fest e mais o Festival de Pardiñas, mentres a mellor sala escollerase entre a Sala Garufa, A Arca da Noe e mais El Contrabajo Club. Músicas galegas ilustradas, Ábrete de Orellas e Tolemias.tv, pola súa banda, son os proxectos que optan ao premio ao mellor espazo de comunicación musical. Os gañadores coñeceranse o 9 de maio no transcurso da Gala de Entrega de Premios que terá lugar un ano máis no Pazo da Cultura de Pontevedra.


Listaxe de nomeados aos Premios Martín Códax
Listaxe de nomeados aos Premios Martín Códax

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer