Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Unha macrofoliada celebrará no Gaiás o BIC da danza tradicional

A CONSELLARíA DA CULTURA ORGANIZA ENTRE O 8 E O 10 DE XUñO SERáN_01. I ENCONTRO GALEGO DE CULTURA POPULAR

Unha macrofoliada celebrará no Gaiás o BIC da danza tradicional

FOLK | abril 27, 2018

imaxe non dispoñible

A celebrar a incoación onte do expediente para declarar ben de interese cultural de carácter inmaterial o baile tradicional galego, a Consellaría de Cultura acaba de anunciar un grande evento dedicado á cultura popular. Serán_01. I Encontro Galego de Cultura Popular reunirá na Cidade da Cultura máis de corenta espectáculos de folclore galego entre os días 8 e 10 de xuño vindeiros. Segundo anuncia o departamento da Xunta, o Gaiás acollerá un programa cun milleiro de artistas coordinado por Quique Peón no que participarán nomes como Davide Salvado, Uxía, Budiño, Leilía ou Susana Seivane entre moitos outros.

O evento inclúe un Festival Folclórico que reunirá grupos de baile tradicional, un Concerto de Coros Históricos coa participación de Toxos e Flores (Ferrol) e De Ruada (Ourense) ou o Foliadón, unha sesión de cinco horas que reunirá centos de artistas sobre o escenario, integrando afeccionados, profesionais e mesmo informantes que conservaron na súas aldeas estas tradicións. Para alén de exhibicións de baile e música, Serán_01 incorpora contidos formativos, obradoiros infantís, unha zona de mercado e exposicións ou desfiles de traxes tradicionais.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer