Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Música para María Victoria Moreno

UNHA XIRA DE ÓSCAR IBáñEZ E UN TEMA DE FUXAN OS VENTOS HOMENAXEAN A PROTAGONISTA DO DíA DAS LETRAS

Música para María Victoria Moreno

FOLK | maio 4, 2018

imaxe non dispoñible

A Illa de Arousa acolle este 5 de maio a estrea de Ao latexo das letras, a homenaxe poético-musical a María Victoria Moreno que parte de Óscar Ibáñez. O gaiteira e mais a súa banda Tribo colaboran coa poeta Tamara Andrés nun espectáculo no que os sons tradicionais se mesturan co recitado de textos da autora homenaxeada no Día das Letras Galegas. A xira continuará o vindeiro día 13 por Melide, o 16 na Estrada, o día 18 poderá verse en Lisboa e o 19 en Ponte da Lima. A xira conta co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais.

Non é esta a única achega da música de raíz as conmemoracións do 17 de maio. Fuxan os Ventos daban a coñecer onte Lúa de prata, un tema no que o conxunto musica o poema do mesmo título da autora. A canción, dispoñible en dixital en diferentes plataformas continúa o costume do grupo de homenaxear cada ano os autores que se celebran no Día das Letras. O tema conta coas colaboracións de Roi Adrio (percusións), Simón García (contrabaixo), Adrián Valdés (fagot) e Miguel Díaz (clarinete).


 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer