Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O festival Noroeste da Coruña xa ten datas e primeiras confirmacións

O GRAN EVENTO URBANO ENGADIRá NOVAS LOCALIZACIóNS NA SúA PROGRAMACIóN

O festival Noroeste da Coruña xa ten datas e primeiras confirmacións

MISCELáNEA | maio 4, 2018

imaxe non dispoñible

A Coruña xa ten previsión de datas e primeiras confirmacións para unha nova edición do Festival Noroeste Estrella Galicia. Este 2018, o gran festival urbano promovido desde o Concello celebrarase do 7 ao 12 de agosto e contará con máis de 100 bandas e artistas de todos os estilos -pop, rock, indie, heavy, vangarda, fado, hip hop, fusión, folk, punk, noise, canción de autor, etc.- que de novo se distribuirán por espazos e escenarios de toda a cidade herculina. Os primeiros nomes do cartel fan unha aposta en feminino representada por catro xeracións de mulleres: Ana Curra, Christina Rosenvinge, Group A e Mordem. Ana Curra (Madrid, 1958) foi unha das artistas de referencia da Movida madrileña. Formou parte de Pegamoides, Parálisis Permanente e Los Seres Vacíos. No outro extremo de idade Mordem é o nome escollido pola coruñesa Elba Fernández para bautizar o seu novo proxecto que agora presentará na súa cidade. Agárdanse moitas máis confirmación ata acadar esas cen previstas dentro do programa dun festival de concertos gratuítos ao aire libre e que cada ano reúne unha media de 60.000 persoas.

Na súa 32º edición, o Noroeste Estrella Galicia contará de novo coa colaboración de Cuac FM, que celebrará o seu Concurso de Bandas e Solistas, do que pronto abrirase a convocatoria de participación. O Noroeste Estrella Galicia manterá en 2018 o seu carácter urbano e aos 15 escenarios que deron cabida aos concertos en 2017 -a Praia de Riazor, o Castelo de Santo Antón, a Praza de San Nicolás, a Fundación Luis Seoane, a Casa Museo Casares Quiroga, o Campo da Leña, a Praza das Bárbaras, as rúas de Torreiro ou Capitán Troncoso e o Parque do Paseo das Pontes, entre outros- sumaranse novas localizacións. En 2018, o Noroeste Estrella Galicia repetirá a súa aposta por ofrecer ciclos de programación para todo tipo de públicos a diferentes horas do día e da noite.


Outros festivais foron confirmando datas e despexando así tamén a dúbida sobre a súa cancelación ou celebración. Ë o caso do recuperado festival FAX de Xinzo da Limia que terá lugar na localidade ourensá o vindeiro 28 de xullo. O Festival do Paradiso de Monforte tamén ven de confirmar a data de celebración o 1 de setembro. En ambos caso non hai todavía nomes para o cartel, cousa que tamén ocorre no festival urbano WOS de Santiago, que ven de presentar as súas datas de celebración entre o 12 e 16 de agosto e sacar á venda abonos. Algúns nomes xa se coñecen do Armadiña Rock Estrella Galicia, que se celebrará na viola costeira pontevedresa de Combarro entre o 26 e 28 de agosto que xa ten no cartel tres propostas musicais galegas: Ses, The Lakazans e Noite Fechada. Quedan aínda moitas programacións por desvelar na oferta musical de festivais deste verán e algunha que outra incógnita sobre posibles cancelacións.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer