Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Roberto Sobrado Grupo sacan 'Proletarios do Rock and Roll'

A BANDA BUSCA O SON MINIMALISTA DO TRABALLO DE BASE NO ROCK

Roberto Sobrado Grupo sacan 'Proletarios do Rock and Roll'

ROCK | maio 7, 2018

sobrado_grupo_proletarios.jpg

O veterano músico Roberto Sobrado ven de presentar o seu novo traballo discográfico acompañado do seu grupo. Proletarios do Rock and Roll (Autoeditado) é un traballo de obreiros de base roqueira. Un disco con sete temas propios e novos e máis cinco versións no que se deixa sentir o imaxinario desta banda encabezada por Sobrado, un músico con más de vinte anos sobre o escenario e con cinco discos previos editados. Agora nun grupo, cunha banda renovada na sección rítmica e onde o saxo e a voz cobran máis protagonismo ca nunca, xunto a Germán da Ponte (saxo), Euxenio (batería) e Nuno Pico (baixo), volven á estrada e ao minimalismo do rock de furgoneta e sesión de ensaio nos garaxes para crear este son máis roqueiro, con calado social. O disco xestouse ao longo de meses en sesións de gravación na Sala Moon, no local de ensaio e en Bungalow estudios. O investimento económico para sácalo baseouse nun método de apoio popular con prerreserva do CD.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer